Compoñentes de PLATTA comparten formación na ESAD

Unhas 40 persoas, membros de compañías portuguesas, castelán - leonesas e galegas de teatro amador asistiron aos obradoiros de formación organizados pola FEGATEA en colaboración coa ESAD que tiveron lugar na sede da escola, en Vigo, nesta primeira quincena de xullo.
 
A actividades formativas foron valoradas de xeito moi positivo por todos os participantes que, ademáis de compartir formación, tiveron ocasión de intercambiar experiencias, ideas e coñecementos dende as súas respectivas realidades.