O Certame MOVETE de FEGATEA, acollerá, por 1º vez, actuacións de PLATTA

Baixo o título de” Móvete 2013”, o certame de teatro organizado por FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), programará 25 funcións teatrais entre o 6 de setembro e o 12 de outubro en 8 localidades galegas distintas.
A programación incluirá, por primeira vez, a actuación dun grupo portugués e doutro de Castela - León,  froito dos acordos da Plataforma Transfronteiriza PLATTA.
O 28 de setembro, no auditorio Gustavo Freire de Lugo actuará a compañía Inquedanza, integrada en FETACYL, coa obra Ave Mundi Liminar.
Na mesma data, o grupo portugués Asoc Cultural Verdoejo porá en escena a obra "Lisístrata" na sala Agustín Magán de Santiago de Compostela.