VI Mesa de Traballo PLATTA

A IX Xornadas de Teatro de FEGATEA serviron de marco para un novo encontro entre representantes das diferentes entidades que forman a Plataforma

Representantes das entidades que integran a Plataforma reuníronse de novo en Santiago coincidindo coa celebración das IX Xornadas FEGATEA. Nesta ocasión fíxose unha valoración positiva das actividades realizadas ata o momento, polo que se acordou continuar con elas (intercambio teatral e formación).  Ademais, establecéronse as novas liñas de actuación, entre elas estudar vías de financiamento e repetir a experiencia de lecturas dramatizadas.