VI Mesa de Traballo PLATTA

A IX Xornadas de Teatro de FEGATEA serviron de marco para un novo encontro entre representantes das diferentes entidades que forman a Plataforma

Representantes das entidades que integran a Plataforma reuníronse de novo en Santiago coincidindo coa celebración das IX Xornadas FEGATEA. Nesta ocasión fíxose unha valoración positiva das actividades realizadas ata o momento, polo que se acordou continuar con elas (intercambio teatral e formación).  Ademais, establecéronse as novas liñas de actuación, entre elas estudar vías de financiamento e repetir a experiencia de lecturas dramatizadas.

As IX Xornadas de Teatro FEGATEA incluirán progamación PLATTA

As IX Xornadas de Teatro organizadas por FEGATEA participarán representantes das entidades que forman a Plataforma e incluirán varias actividades no marco de colaboración establecido entre as mesmas para promocionar o teatro transfronterizo.


Obradorio de lecturas dramatizadas, unha nova actividade da Plataforma

Actores galegos, baixo a dirección de Joao Vaz, participarán nun obradorio de lecturas dramatizadas.

As IX Xornadas de Teatro organizadas por FEGATEA incluirán un obradorio de lecturas dramatizadas a cargo de Joao Vaz, director artístico de Comedias do Minho, sobre un texto de ........................................... publicado pola RGT, entidade que tamén forma parte de PLATTA.
Trátase dunha nova acción de intercambio teatral cuxo obxectivo é .................