
Baixo o título de” Móvete 2013”, o certame de teatro organizado por FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), programará 25 funcións teatrais entre o 6 de setembro e o 12 de outubro en 8 localidades galegas distintas. 
A programación incluirá, por
primeira vez, a actuación dun grupo portugués e doutro de Castela - León,  froito dos acordos da Plataforma
Transfronteiriza PLATTA. 
 O 28 de setembro, no auditorio Gustavo Freire de Lugo actuará a compañía Inquedanza, integrada en FETACYL, coa obra Ave Mundi Liminar. 
Na mesma data, o grupo portugués Asoc Cultural Verdoejo porá en escena a obra "Lisístrata" na sala Agustín Magán de Santiago de Compostela.