A Casa do Curro, en Monçao, acolleu esta fin de semana a IV Mesa de Traballo da Plataforma
Representantes da Plataforma
reunímonos de novo en Monçao os días 10 e 11 de maio coincidindo coa
celebración dunha nova edición do FITAVALE, organizado por Comedias do Minho,
festival que contou, ao igual que no pasado ano, coa participación dun grupo da
FEGATEA e outro da FETACYL. Nesta IV Mesa de traballo programáronse as
actuacións que se van levar a cabo o resto do ano (intercambio teatral e
formación) ás que hai que engadir as propostas da RGT de difusión das
actividades da Plataforma e de organización, como experiencia piloto, dunha
lectura dramatizada na que participen membros das distintas entidades nas IX
Xornadas FEGATEA.