Integrantes da Plataforma reúnense de novo en Salvaterra do Minho
Durante as VIII Xornadas de
Teatro organizadas por FEGATEA, celebradas en Salvaterra do Miño os pasados días 4,5 e 6,
representantes das entidades que compoñen PLATTA reuníronse na III Mesa de
Traballo para avaliar as primeiras actividades realizadas pola plataforma:
- - Intercambio
teatral a través dos festivais e certames organizados por cada unha das partes:
FITAVALE (Comedias do Minho), FRONTERIZOS 2013 (Federación de Castilla y León,
previsto para o mes de decembro) e MÖVETE 13 (Fegatea).
- - Actividades
de formación organizadas pola Fegatea en colaboración coa ESAD.
Todos os
integrantes coincidiron en valorar de xeito moi positivo as primeiras
experiencias e apostaron por continuar a traballar nesta liña para consolidar a
plataforma mentres se estudan outras actuacións conxuntas. O compromiso de
colaboración quedou reflectido nun documento asinado por representantes de cada
unha das partes en presenza de Jesús Vázquez, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.