FETACYL no Móvete 2013 de FEGATEA

A compañía Inquedanza de León, representa a Federación de Castela e León no certame Móvete de FEGATEA en Lugo. 

A compañía de teatro danza Inquedanza pechou o certame Móvete da Federación Galega celebrado no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo coa obra Ave Mundi Luminar. Esta é a primeira acción de intercambio teatral que se produce entre as Federación Galega e Castelán - Leonesa compoñentes da Plataforma. 

Comedias do Minho no Móvete 2013 de FEGATEA

Presentación en Santiago de Compostela da primeira acción de intercambio teatral da Plataforma.

Membros de Fegatea, acompañados do Concelleiro de Cultura da cidade, veñen de presentar o certame Móvete en Santiago que nesta edición incluirá por primeira vez a actuación dun grupo amador integrante de Comedias do Minho, xunto con grupos da federación galega. Trátase do grupo da Asociación Cultural Verdoejo que porá en escena Lisístrata o día 28 deste mes, ás 19h na Sala Agustín Magán.