Comedias do Minho no Móvete 2013 de FEGATEA

Presentación en Santiago de Compostela da primeira acción de intercambio teatral da Plataforma.

Membros de Fegatea, acompañados do Concelleiro de Cultura da cidade, veñen de presentar o certame Móvete en Santiago que nesta edición incluirá por primeira vez a actuación dun grupo amador integrante de Comedias do Minho, xunto con grupos da federación galega. Trátase do grupo da Asociación Cultural Verdoejo que porá en escena Lisístrata o día 28 deste mes, ás 19h na Sala Agustín Magán.