IV Mesa de Traballo PLATTA

Integrantes da Plataforma reúnense de novo en Salvaterra do Minho 

 Durante as VIII Xornadas de Teatro organizadas por FEGATEA, celebradas en Salvaterra do Miño os pasados días 4,5 e 6, representantes das entidades que compoñen PLATTA reuníronse na III Mesa de Traballo para avaliar as primeiras actividades realizadas pola plataforma:
-       - Intercambio teatral a través dos festivais e certames organizados por cada unha das partes: FITAVALE (Comedias do Minho), FRONTERIZOS 2013 (Federación de Castilla y León, previsto para o mes de decembro) e MÖVETE 13 (Fegatea).
-                     - Actividades de formación organizadas pola Fegatea en colaboración coa ESAD.
Todos os integrantes coincidiron en valorar de xeito moi positivo as primeiras experiencias e apostaron por continuar a traballar nesta liña para consolidar a plataforma mentres se estudan outras actuacións conxuntas. O compromiso de colaboración quedou reflectido nun documento asinado por representantes de cada unha das partes en presenza de Jesús Vázquez, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.